Hoxe inaugúrase en Santiago de Compostela, no monte Gaiás, a Cidade da Cultura de Galicia.
Nas súas instalacións, aínda inacabadas, pódense visitar xa o Arquivo, a Biblioteca e máis as instalacións en fase de construción. E agora mesmo hai unha exposición moi interesante para a cultura, a bibliografía e máis a literatura galegas.
A exposición “Ex libris Gallaeciae. Dos libros de Galicia“, reúne 83 libros, códices ou manuscritos considerados chave na construción da cultura galega. Trátase dunha escolma de xoias bibliográficas que en conxunto debuxan a historia da construción da cultura galega, e que inclúe desde os primeiros textos romanos que comezan a definir o territorio co nome de Callaecia ata o primeiro libro electrónico en galego.
Estará aberta ata o 25 de febreiro no edificio do Arquivo.
VISITAS
Luns e Mércores ás 17.00 h.
Sábados e Domingos ás 12.00 e 17.00 h.
VISTAS DIDÁCTICAS PARA GRUPOS
Chamar ao 981 576 753 ou enviar mail a visitasdidacticas@cidadedacultura.org
Pero tamén, dende o 15 de xaneiro ata o 25 de xuño, hai unha programación titulada Galicia, Ceo das Letras, na que se fará un percorrido pola vida e obra de nove autores galegos e, ademais, de tres insignes veciños convidados a esta festa homenaxe (Pessoa, Borges, Espriu).
Cada sesión constará dun relatorio inicial impartido por un experto de referencia e dunha actuación artística (música, cine, teatro…) ligada ao espírito do autor ou autora homenaxeados.