A Consellería de Educación vén de publicar no DOG de hoxe a convocatoria de cursos de lingua galega CELGA e de linguaxe administrativa galega, que se impartirán en 2011 nas EOI (Escolas Oficiais de Idiomas) de Galicia.
Os cursos son gratuitos e organízans en dúas quendas: a primeira en febreiro-marzo, e a segunda en outubro.
Para a primeira quenda o prazo é de 20 días naturais a partir de hoxe, e a inscrición haina que facer na secretaría da EOI onde se queira asistir ao curso, cubrindo o ANEXO I para os cursos de linguaxe administrativa, e o ANEXO III para os CELGA.
Nas EOI máis próximas ao noso concello, Vigo e Pontevedra, programáronse os seguintes cursos para a primeira quenda:
CELGA | |||||
Centro | Nivel | Data de inicio | Data de fin | Horario | Días |
EOI Vigo | Celga 1 | febreiro | xuño | 18.00 – 20.00 | Mércores e venres |
EOI Vigo | Celga 4 | febreiro | xuño | 10.30 – 12.30 | Martes e xoves |
EOI Vigo | Celga 4 | febreiro | xuño | 18.00 – 20.00 | Mércores e venres |
LINGUAXE ADMINISTRATIVA | |||||
Centro | Nivel | Data de inicio | Data de fin | Horario | Días |
EOI Pontevedra | Medio | febreiro | maio | 9.00 – 12.00 | Martes e xoves |
EOI Pontevedra | Superior | febreiro | maio | 9.00 – 11.00 | Luns, mércores e venres |
EOI Pontevedra | Superior | febreiro | maio | 12.00 – 15.00 | Luns e mércores |
EOI Pontevedra | Superior | marzo | maio | 16.30 – 19.30 | Martes e xoves |
EOI Vigo | Medio | febreiro | xuño | 9.00 – 11.00 | Martes e xoves |
EOI Vigo | Superior | febreiro | xuño | 9.00 – 11.00 | Mércores e venres |