O profesor, escritor, tradutor e crítico literario Ramón Nicolás vén de inaugurar un novo apartado no seu sitio web para divulgar o libro galego.
O TABOLEIRO DO LIBRO GALEGO é un proxecto de divulgación do libro galego en colaboración con 12 librarías de diferentes localidades do país (de Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense, Allariz, Arteixo e Compostela), no que compón unha listaxe semanal das obras máis vendidas nas nosas letras, clasificadas por xéneros e en distintas categorías (narrativa, poesía, ensaio-teatro, literatura infantil e xuvenil, banda deseñada e mais álbum ilustrado).
As librarías achegan os datos para elaborar estas listaxes que servirán para manter informados os potenciais lectores e achegarlles información a través de ligazóns sobre cada libro ou edición.
Unha boa iniciativa coa que poderemos estar informados e aprenderemos o que se coce nas editoriais galegas.