Obradoiro de debuxo rítmico

cartel obradoiro debuxo

Chega un novo “Venres Cativo”. Desta volta mirámonos o venres 26 de abril no Multiúsos da Xunqueira.

Haberá dúas sesións: 17:30, para crianzas entre 0-4 anos; 18:30, para crianzas entre 5-10 anos.

Títeres Babaluva impartirá este obradoiro para promover a lectoescritura xogando e cantando, relacionando sons con garabatos. Esta proposta procura conectar nas nosas cativas e cativos co ritmo, a palabra e o debuxo.

Para os nenos e nenas de 4-10 anos o propósito consiste en ilustrar as letras das cancións ao ritmo da música. Canción e ilustración van xuntos pois mentres escoitas tamén tes que debuxar como expresión inmediata dos nosos sentidos.

Este obradoiro ten límite de prazas. Para inscribirse podedes enviar os datos da crianza e dos familiares que acompañen a normalizacion@redondela.gal ou chamando o 986400300

A actividade é de balde

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s