O Concello de Redondela e a Confraría de Pescadores de San Xoán de Redondela asinaron un convenio para impulsar un proceso de normalización lingüística na lonxa de Cesantes. Porque sendo como é o galego a lingua maioritaria da xente do mar dende a aparición mesma da nosa lingua, que sentido tiña que a vida administrativa e escrita fosen en castelán?
Debemos agradecer ao patrón maior, á directiva e en xeral á comunidade mariñeira a boa acollida da nosa iniciativa.
