“O que arde” e “O último barco”. O máis visto e lido en galego no 2020

O éxito do filme de Óliver Laxe “O que arde” é innegable. Logo dos numerosos premios da crítica e de ser precandidata para os Óscar, tamén recibiu o cariño dos espectadores. En Redondela converteuse no filme en galego máis prestado e unhas das referencias da Filmoteca Galega que se inaugurou o pasado ano por iniciativa do SNL.  

Ademais, no segundo posto está a obra “Trinta lumes”, da redondelá Diana Toucedo, que retrata a vida do Courel dende unha mirada singular. En terceiro lugar Vilamor de Ignacio Vilar, o director que en 2020 gravou “María Solinha” en Redondela.

En canto aos libros, Domingo Villar consolídase coma un dos autores favoritos entre os lectores e lectoras de Galicia. Nas bibliotecas municipais de Redondela o seu “O último barco” foi o libro máis prestado. Tras el aparece “Beleza vermella” de Arantxa Portabales e “Lume azul” de Pedro Feijoo, outro dos autores máis lido en Galicia. Curiosamente, os tres libros foron publicados en 2019.


Tanto as bibliotecas municipais coma o servizo de normalización de Redondela animan ás persoas usuarias a que fagan as súas propostas de novas adquisicións de libros e filmes galegos. 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s