Un libro e unha flor

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. O Concello de Redondela únese, outro ano máis, á celebración que fai toda Galicia desta muller única, exemplo no feminismo, na cultura e no amor a Galicia.

Por mor das circunstancias sanitarias, optouse este ano por potenciar a campaña “Un libro e unha flor”. Unha iniciativa que a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) impulsou hai anos.A proposta é que polo 24 de febreiro se agasalle un libro en galego e unha flor á aquela persoa que queiramos. Un xesto simple pero de enorme valor porque a cultura é fonte de vida, de lecer e coñecemento.

Tamén animamos a que as compras se fagan no comercio local. Toda axuda é pouca nesta situación. E cada xesto é importante.

Ademais, pedímosvos que compartades na rede unha fotografía do libro e a flor co cancelo #DíadeRosalía e #RedondelaconRosalíaMáis info na web de Redondela e nas salas de préstamo das bibliotecas públicas de Redondela e Chapela, a quen agradecemos coma sempre a súa colaboración.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s