María Oruña fálanos dos seus libros preferidos

A viguesa María Oruña é unha das escritoras con maior proxección e éxito dentro do xénero da novela negra. Dende 2015, con Puerto escondido, conseguiu gañarse un posto de referencia na literatura escrita en castelán. Dende esta obra, publica unha nova novela case cada ano. Con Un lugar a donde ir (2017) e Donde fuimos invencibles (2018) pechou momentanamente a serie de aventuras protagonizadas por Valentina Redondo. Neste 2021 recupéraa en O que a marea esconde para adentrarse en novos misterios e coñecer máis á protagonista. O libro xa vai pola quinta edición!

Tras delas chegou O souto dos catro ventos (2020), a primeira obra na cal María ofrece unha versión en castelán (Editorial Destino) e outra en galego (publicada por Aira Editorial). Esta novela desenvólvese arredor do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, un dos elementos patrimoniais máis singulares da Ribeira Sacra. Aínda hai pouco, coa descuberta dos aneis dos bispos, o libro captou máis e máis atención tanto dos medios de comunicación como do público.

Dende o Servizo de Normaliación Lingüística falamos con María porque tamén queremos coñecer os seus gustos literarios. E axiña aparece un título clásico da literatura universal O Quixote: “Abriume o mundo aos clásicos, nos que non reparaba, e nel descubrín literatura de contido e calidade, con episodios emocionantes e algún que, sorprendentemente, me facían rir”.

A obra de Cervantes, patrocinada polo Conde de Lemos, segue entrando no maxín de moitas persoas malia o paso de tantos anos. “É una lectura indispensable non porque reflicta una época e una maneira de pensar, senón porque se formula coma una gran ironía do que é a vida e dos xogos de amor, do poder e da nosa eterna inxenuidade”, explícanos María.

Xogos de amor e ironía que, dunha maneira máis sútil, aparecen n´A esmorga, de Eduardo Blanco Amor: “Foi o primeiro libro que me amosou unha realidade que puiden recoñecer, e ademais da ambientación, encandiloume a calidade narrativa e o ritmo do texto”. Sen dúbida, é un dos títulos máis lidos e recorrentes nos gustos dos lectores en galego.

A carón do escritor ourensán aparece Castelao coa súa colección de Cousas “que lin moitas veces e que fixeron voar a miña imaxinación”. Porque a imaxinación é unha das grandes virtudes da boa literatura.

Por último, preguntámoslle a María a cuestión máis difícil e comprometida: “Que libros en galego publicados nos últimos anos recomendarías?”. Deunos dous nomes, un home e unha muller. O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas e Infamia de Ledicia Costas.

Queremos agradecerlle a María que nos atendese tan amablemente. E desexamos que os seus libros e as súas recomendacións literarias acheguen máis literatura ás casas de Redondela.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s