Xornadas Casto Sampedro

cartaz_Xornadas_Casto_samp

O Concello de Redondela e o Concello de Pontevedra, canda a Sociedade Antropolóxica Galega e coa colaboración do SNL de Redondela e o Museo de Pontevedra, organizan unhas xornadas dedicadas ao egrexio intelectual redondelán Casto Sampedro.

Esta actividade organízase en dous días co propósito de coñecer diversos aspectos de Castro Sampedro pero tamén outros aspectos da actual investigación antropolóxica.

O venres 3 de maio, na Casa da Cultura de Redondela, teremos a primeira xornada:

17:30 Presentación das xornadas a cargo de Rafael Quintía e de Xulia Feixoo

18:00 Conferencia de Xavier Groba, “Ao ronsel de Casto Sampedro: estado actual da etnomusicoloxía galega”.

18:45 Conferencia de Beatriz Busto, “Galicia conxelada. A necesidade da reflexión antropolóxica na actualidade”.

19:30 Descanso

19:45 Conferencia Rafael Rodríguez, “Entre sachadores e burócratas. Unha ollada á arqueoloxía galega actual”.

20:30 Mesa redonda e coloquio final

 

O sábado 4 de maio as actividades continúan en Pontevedra, nas ruínas de San Domingos, co seguinte programa:

10:30 Música a cargo d´Os Trubincos do Batán.

10:45 Roteiro por Pontevedra, “Tras as pegadas de Casto Sampedro en Pontevedra”, a cargo de Telmo Crespo.

 

 

Advertisements

Obradoiro de debuxo rítmico

cartel obradoiro debuxo

Chega un novo “Venres Cativo”. Desta volta mirámonos o venres 26 de abril no Multiúsos da Xunqueira.

Haberá dúas sesións: 17:30, para crianzas entre 0-4 anos; 18:30, para crianzas entre 5-10 anos.

Títeres Babaluva impartirá este obradoiro para promover a lectoescritura xogando e cantando, relacionando sons con garabatos. Esta proposta procura conectar nas nosas cativas e cativos co ritmo, a palabra e o debuxo.

Para os nenos e nenas de 4-10 anos o propósito consiste en ilustrar as letras das cancións ao ritmo da música. Canción e ilustración van xuntos pois mentres escoitas tamén tes que debuxar como expresión inmediata dos nosos sentidos.

Este obradoiro ten límite de prazas. Para inscribirse podedes enviar os datos da crianza e dos familiares que acompañen a normalizacion@redondela.gal ou chamando o 986400300

A actividade é de balde

Eu conto, ti contas… elas contan!

Un novo acto dos Venres Cativos, o programa incluído no proxecto Apego que ofrece actividades de promoción da lingua galega dirixido ás crianzas.
Desta volta faremos un contacontos arredor da historia e a transcendencia das mulleres. A través dos relatos guiados por Cris Vázquez descubriremos referencias e modelos femininos tan importantes para educar en valores, igualdade e respecto. Relatos narrados para as idades temperás pero con contidos moi útiles para as persoas adultas.
O acto será no Centro Chan das Pipas de Saxamonde (Redondela) porque cómpre dinamizar a cultura tamén nas parroquias por medio de actividades coma esta.
A entrada é de balde.
Anotade: venres 29 de marzo ás 18h!29 de marzo de 2019 18 horas centro chan das pipas (saxamonde)

Encontro co sector da hospedaxe. Lingua e cultura camiño do Xacobeo 21

52932071_2075849539163201_8008390063001960448_o

O 21 de febreiro celebrouse na Casona da Torre un encontro entre o sector da hospedaxe de Redondela e concellos limítrfofes para presentar distintas liñas de traballo de cara ao Xacobeo 21.

O acto contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, do vicepresidente da Asociación de Empresarios/as de Redondela e do Alcalde do Concello de Redondela.

CARTA-XORNADA