
O Concello de Redondela, por medio do seu Servizo de Normalización Lingüística, colaborou de maneira activa na preparación deste filme. Fíxoo poñendo a historia de Redondela, en particular da lenda da coca e a danza das espadas, nas mans do director Ignacio Vilar e do seu equipo.
Redondela ten un papel protagonista neste filme rodado integramente en galego. Son varios os veciños e veciñas que participan como figurantes. A escea da danza das espadas ten un lugar central na rodaxe.
Este filme será proxectado en moitos concellos galegos e tamén en festivais internacionais. É unha maneira de poñer en valor e divulgar os valores, costumes e tradicións da vila de Redondela.