Redondela celebra o mes da Ciencia en Galego

Dende hai anos Galicia celebra en novembro o mes da ciencia en galego. Esta data cadra coa celebración do Día Internacional da Ciencia (10 de novembro) coa que a comunidade científica pretende concienciar sobre o uso da ciencia para a paz e o desenvolvemento. Dende hai 11 anos por iniciativa do profesorado, comezou a celebrarse o Mes da Ciencia en Galego para amosar a plena normalidade do uso na nosa lingua no ámbito científico e técnico. A partir de entón téñense organizado numerosos actos nos centros escolares de Galicia.


Neste 2022 o Concello de REdondela súmase, como vén sendo habitual, a esta celebración. Dende o Servizo de Normalización Lingüística organizouse unha actividade sobre Matemaxia, unha forma lúdica de aprender e comprender as matemáticas tomando o galego como lingua. O Mago Paco é o encargado de amosar ao alumnado redondelán, por medio da maxia e da divulgación lúdica, os segredos que se agochan tras os números.


Esta actividade diríxese aos escolares de 5º e 6º de primaria. Hai organizadas 14 sesións que levarán a maxia das matemáticas a 8 escolas de Redondela.

Deixar un comentario