Nós Galego 365

Campaña de normalización do uso da lingua galega no ámbito comercial.

Esta campaña, deseñada polo departamento de Normalización Lingüística do Concello de Redondela co colaboración da Asociación de Empresarios de Reodndela,  está dirixida fundamentalmente ao sector das panaderías e alimentación con venda de pan.

Que ten en común o pan galego coa lingua galega? 

Esta campaña quere simbolizar o paralelismo entre o consumo diario de pan co uso diario da lingua galega e destacar a singulariade que a etiquetaxe en galego lle outorga aos produtos da nosa terra como distintivo único e diferenciador dende a súa orixe, e así se pretende recoller no eslogan da campaña “NÓS GALEGO 365”.

Na campaña distribuiranse 25.000 sobres de pan e 2.000 bolsas comerciais nas que a clientela levarase a casa o sabor dos produtos galegos adquiridos nos establecementos colaboradores.


NÓS GALEGO 365

O galego é un elemento identificativo dos produtos de confianza, calidade e do comercio de proximidade

A presenza do galego nos produtos comerciais non é só un acto de responsabilidade coa nosa lingua senón que é un elemento identificativo que atrae a atención do consumidor. Os produtos etiquetados e ofertados en galego ofrecen unha imaxe de proximidade e confianza porque identificamos a través da lingua a autenticidade do mesmo. Poñamos un exemplo: imaxina que na man temos dous perfumes, un etiquetado en alemán e outro en francés, cal sería a priori a opción a escoller? Se tiveramos diante unha pizzeria con rótulos en sueco e outra en italiano, cal sería a priori a opción a escoller? Pois o mesmo sucede se diante nosa temos que escoller entre produtos de horta e mar que estean en galego ou estean noutro idioma; e así na rotulación dos comercios, na publicidade, no etiquetado…

Con esta campaña, promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela en colaboración coa Asociación de Empresarios/as de Redondela e a Real Academia Galega, queremos provocar a reflexión sobre a presenza da lingua galega nas nosas vidas e nos nosos negocios. Por iso o galego non pode quedar recluído á data simbólica do Día das Letras GAlegas, senón que apostamos por NÓS GALEGO 365, o uso e presenza do galego ao longo do ano. Cremos, ademais, que a lingua ofrece oportunidades para os comerciantes como elementos de atracción e diferencialidade dentro do mercado. A aposta polo galego tamén repercute positivamente no propio negocio.

A campaña repartirá carteis e bolsas cos establecementos colaboradores. Un dos formatos das bolsas é para o pan e por iso as panadarías teñen un protagonismo nesta campaña. Ao igual que o pan é un alimento que non pode faltar nunha mesa galega á hora de xantar e ao igual que miramos porque sexa un bo pan que ofreza sabor, o mesmo temos que pensar co idioma galego como esa marca que reforce a imaxe de calidade e proximidade do produto. Non é o pan chegado a quilómetros de nós con masas conxeladas; non é o pan industrial das grandes áreas comerciais; trátase de que sexa o noso pan galego. E se o pan é galego, en que lingua vai falar?

É de pura lóxica que os produtos galegos vaian etiquetados e sexan publicitados en galego. Nos últimos anos aumentouse a presenza do galego tanto en produtos de negocios familiares até en produtos de grandes multinaicionais. Polo tanto, nós en Redondela temos que ser exemplo para toda Galicia, por sermos os primeiros en promover a normalización lingüística en 1982, e continuar abandeirando ese lugar de referencia para a cultura de GAlicia. Neste sentido, comerciantes e consumidores temos unha gran responsabilidade. Con esta campaña NÓS GALEGO 365 queremos convidarnos a reflexionar sobre estes temas. Nós concluímos que o uso do galego trae máis beneficios ca nunca.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s