
Inaugurouse, por iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística, a sección de Filmoteca Galega que se situará na biblioteca municipal de Redondela.
O propósito é constituír un fondo dos filmes galegos e en galego. Dentro desta onda crecente de interese polo Novo Cinema Galego, o noso concello quixo colaborar na súa difusión. Así, se o pasado ano celebramos un ciclo de cinema galego, agora queremos favorecer a súa divulgación a partir do préstamo.
Entre os filmes que poderedes atopar están “O que arde”, de Oliver Laxe; “Trinta lumes”, de Diana Toucedo; “A mariñeira”, de Antón Dobao; ou “A esmorga”, de Ignacio Vilar.
Está é a primeira sección que, como tal, se crea nun concello de toda Galicia. E estamos moi contentos e contentas por iso, que volve situar Redondela nunha referencia. Unha proposta que impulsa e divulga a creación audiovisual en galego